A casa

Súmete nunha paisaxe que che invita a desconectar

“Existía o río e existían as montañas. Existía a calma, a maxia e a sinxeleza deste lugar. Á beira do encoro de Santa Uxía, en plena Costa da Morte e moi preto do Ézaro e da súa fervenza. Hoxe, sete árbores autóctonas dan nome ás nosas 7 habitacións: Loureiros, Fieitas, Carballos, Acivros, Castiñeiros, Piñeiros e Toxos. Calidez, madeira, pedra e barro. Xunto á cheminea, o crepitar da leña seca ardendo. No xardín, o murmurio das follas movidas polo vento. No peirao, ecos de auga. Pola mañá, suave tintinear de cuncas, arrecendo a café, doces caseiros e pan recentemente torrado. A Casa de Santa Uxía é sinxeleza, natureza e descanso.”

A Casa de Santa Uxía é sinxeleza, natureza e descanso

Desde a nosa casa chegarás con facilidade aos lugares máis fermosos da Costa da Morte: a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo; as vilas con encanto do Ézaro, Muros, Fisterra e Muxía; os faros e cabos de Fisterra, Touriñán e Vilán; e praias como Louro, Carnota, Ézaro e Langosteira, así como os famosos puntos de surf en Nemiña e Mar de Fóra.
Ademais, poderás explorar o patrimonio histórico: o hórreo de Carnota, o castelo de Vimianzo e os dólmenes de Dombate e Pedra da Arca.

E se che apetece unha escapada urbana, A Coruña e Santiago de Compostela atópanse a tan só 90 e 70 km, respectivamente.

A TÚA EXPERIENCIA COMEZA AQUÍ

“Onde a natureza marca o ritmo e a calma o enche todo.”

Contorno e Actividades

Natureza, auga e sendeiros rodeante.
Desde paseos en kaiak polo encoro ata rutas polo Monte Pindo ou a fervenza do Ézaro.

Descubre as actividades >

Reservas

A túa escapada perfecta comeza cun clic.
Habitacións acolledoras, almorzos caseiros e trato próximo agárdante.

A túa viaxe comeza aquí >

Reserva o teu momento de desconexión

Cuartos únicos nun contorno máxico. Vive a experiencia.

A túa escapada perfecta comeza aquí