Casa de Santa Uxia | Casa rural en Costa da Morte | Landua GL
 

  • SONY DSC
  • SONY DSC
  • SONY DSC
  • postre
  • SONY DSC
  • SONY DSC
  • copas

Landua

Landua é o restaurante de Casa de Santa Uxía. Landua é unha viaxe de volta á orixe, ao simple, aos sabores cercanos e sinceiros. Cercanía, sinceridade e tamén coidado. Coidado polos nosos produtos, polo noso espacio e polo noso entorno.
Na cociña, o traballo avanza ao ritmo das estacións con cariño e ilusión. Muda a paisaxe dos pratos como mudan as cores da terra e do ceo. Combinacións discretas nacidas da memoria, a experiencia e o diálogo.
No comedor, pedra, madeira e barro. Pola ventá, a calma da auga do encoro, e na mesa, o pracer de comer sen apremios.
Landua é sinxeleza, natureza e sabor.